Férveda de Santaia


Tamén coñecida como Férveda de Portociños ou Pozo Negro. Atópase na Parroquia de Santaia de Gorgullos.

Neste Lugar o río Bustelo salva un desnivel de dez metros de altura, repartido en tres saltos no medio de grandes penedos de granito. 

Para acceder a este bonito paraxe é preciso achegarse ao lugar de Portociños, na estrada DP-5902 Cabaleiros-Gorgullos. Unha vez en Portociños, tómase unha pista asfaltada que ten un cartel indicativo de “Férveda”. Percórrese un quilómetro por esta pista, ata chegar a unha ponte onde remata a estrada, e dende a que se ve a fervenza. Se seguimos polo camiño de terra, poderemos ver os saltos de auga dende outra perspectiva.

A menos de 100 metros da Férveda, podemos atopar a Serraría da Férveda, catalogado como ben de interese no Catálogo Galego de Patrimonio Cultural (GA15084049).

Ver localización Google Maps