Acea de Estevo


Na Aceña de Estevo, tamén chamada “A Maquía”,  podemos atopar un muiño de auga para moer cereais, que segue a traballar na actualidade coa forza da auga. A construción atópase envolta polo río Bustelo, rodeado dun fermoso bosque de ribeira e cheo de grandes penedos graníticos.

Pódese chegar á este lugar dende a estrada DP-5902 Cabaleiros-Gorgullos. Case no límite entre as parroquias, collemos unha pista asfaltada sinalizada con un cartel indicativo de “Aceña de Estevo”, pola que se recorren 200 metros ata chegar a unha ponte, dende a que podemos ver a edificación.