Dolmen de Cabaleiros


Saíndo de A Pontepedra (Cabaleiros), en dirección A Tablilla, atopamos á man dereita o Dolmen de Cabaleiros, coñecido polos veciños como a “Casa Moura”. Segundo a lenda, unha moura levou a pedra do teito na cabeza mentres tecía.
Atópase nun excelente estado de conservación, ademais de ser un dos mellores conservados de toda Galicia. É unha construción neolítica, que está datada do ano 4.000 a.C. 
O dolmen foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1975, e está catalogado como Ben de Interese Cultural no Catálogo Galego de Patrimonio Cultural (GA15084014).
O túmulo ten un diámetro aproximado de 30 m e unha altura de 2 m. A cámara funeraria alcanza os tres metros e dez centímetros no eixe maior e unha altura máxima de un metro e setenta centímetros, está formada por oito lousas, das cales unha é de cubrición. Sería unha cámara poligonal aberta con corredor diferenciado en planta e en alzado. 

Ver localización en Google Maps