Cruceiro de Santaia


No cruceiro de Sta Eulalia de Gorgullos hai dúas "Aras Romanas sostendo a pedra do altar do cruceiro.

Segundo un estudo realizado para o concello polo arqueólogo J. José Alonso “estas aras foron aproveitadas no cruceiro e probablemente proceden do culto dos Deuses Manes nas encrucilladas dos camiños que protexían aos viaxeiros e que, como neste caso, teñen a súa continuación no levantamento do cruceiro, dentro da tradición cristiá de reconducilos cultos coa súa propia simboloxía”.

Os Deuses Manes eran deuses familiares e domésticos. A mitoloxía romana dinos que eran espíritos de antepasados que oficiaban de protectores do fogar.

As aras viñan a ser os pequenos altares de pedra que utilizaban os deuses, que adoitaban ter forma de pedestal ou columna, feitura que podemos apreciar claramente no Cruceiro de Santa Eulalia.

Ver localización Google Maps