Capela do Carme da Ermida


Trátase dun templo afastado dos núcleos de poboación do concello, situado nunha fermosa carballeira. O templo está rodeado por un muro baixo, sendo un dos centros romeiros máis coñecidos da zona.

Crese que este pequeno templo relixioso tiña un papel relevante para os peregrinos que ían cara Santiago de Compostela por unha vía vella, anterior ao actual camiño Inglés.

A Ermida do Carme ten unha portada barroca na que se conserva unha fornela coa imaxe da Virxe do Carme, sobre a porta central. Outros elementos de interese na fachada son os dous ocos laterais con molduras. A agulla delgada divídese en dúas secciones e tres aberturas. Esta composición é común en la arquitectura relixiosa da época de Galicia, podéndose situar cronoloxicamente cara á metade do século XVI.

Ver localización Google Maps