Compostaxe doméstica:
A compostaxe doméstica e o proceso de descomposición biolóxica de materiais orgánicos, como restos da cociña, horta, xardín e r estos podas, que se xeran no fogar.
O produto resultante do proceso de compostaxe, o compost, pódese utilizar como abono, acolchado ou substrato, beneficiando o crecemento das plantas e o medio ambiente en xeral.
Estas son algunhas das súas vantaxes:
- Prevén a erosión do chan.
- Reduce a cantidade de residuos que chega aos vertedoiros.
- Mellora a calidade do solo.
- Reduce o consumo de auga dos cultivos.
- Péchase o ciclo da materia orgánica.
- Reduce o consumo de auga dos cultivos.

Que é o compost?

É un abono orgánico, resultante do proceso de compostaxe, obtido da descomposición da materia orgánica.
Ten multitude de propiedades beneficiosas para o solo e as plantas, garante unha reserva de sustancias nutritivas, favorece a absorción e retención de auga, facilita a circulación de aire e limita os cambios bruscos de humidade e temperatura no solo.
O compost ten un valor engadido fronte aos fertilizantes, aínda que ambos aportan os nutrientes necesarios á terra, só o compost mellor a súa estrutura.
Como se fai o compost?

O proceso de compostaxe lévano a cabo multitude de organismos descompoñedores que comen, trituran, degradan e dixiren as células e moléculas da materia orgánica, transformando os restos orgánicos, nun abono natural rico en nutrientes. Os principais organismos que levan a cabo estas labores son bacterias e fungos microscópicos, pero tamén actúan un gran número de animais pequenos como miñocas, cochinillas, insectos e larvas.
O noso papel no proceso de compostaxe, céntrase en manter as condicións ambientais naturalmente favorables para a vida de todos estes organismos na pila de compost. Tratamos de simular o que ocorre na natureza. Nas fragas e bosques, cando no outono as follas das árbores caen ao solo, con cachos de ramas, excrementos de animais ou herba, pasan a unha fase de descomposición na que interveñen moitos elementos (temperatura, auga, especies vivas...), esta materia orgánica transfórmase naturalmente en humus.
Cales son os beneficios do compostaxe?

En Galicia, case a metade dos residuos domésticos que producimos son residuos orgánicos da cociña, horta e xardín. Estes residuos ás veces rematan en vertedoiros ou en incineradoras, e a súa recollida e almacenaxe son custosas, ocasionando a miúdo proceso de contaminación (emisións de metano e lixiviados).
A compostaxe ten grandes beneficios tanto para a cidadanía como a nivel municipal:
- Beneficios Sociais:
- Recupérase unha práctica tradicional da cultura galega, fomentando o contacto das persoas coa natureza, e a sensibilización ambiental da poboación. Co compostaxe doméstico, conseguimos un fertilizante orgánico de calidade, moito mellor que os produtos comerciais. Ao ser un produto natural, evitamos ter que usar fertilizantes comerciais, abonando dunha forma ecolóxica, fácil e barata.
- Beneficios Medioambientais:
- Coa compostaxe doméstica, reducimos de maneira significativa a cantidade de residuos, diminuímos a contaminación producida polo transporte e e derivada do tratamento deses residuos.
- Beneficios Económicos:
- Compostando redúcese a cantidade de residuos orgánico, diminuíndo o custo do tratamento do lixo nos concellos. Prodúcese un aforro na xestión municipal, xa que se reducen os custos de transporte e custo do tratamento de residuos.
Para que podo utilizalo?
O principal uso do compost e como sustrato ou abono na horta, pero o seu uso ten moitas outras vantaxes como:

- Mellora a estrutura da terra, e aporta elementos nutritivos, evitando a necesidade de aportar fertilizantes químicos.
- Favorece a absorción e retención de auga.
- Facilita a circulación do aire e limita os cambios bruscos tanto de temperatura como de humidade.
- Emprégase como complemento para a terra do xardín, horta ou plantas de interior.
- Úsase como substrato en sementeiras ou transplantes.