Hablan de nosostros: Fuente " El Correo Gallego"

Hablan de nosostros: Fuente " El Correo Gallego"

Tordoia, con paso firme ao futuro: máxima defensa do medioambiente

Veciños e o alcalde, Antonio Pereiro, suman forzas para mellorar a compostaxe doméstica // Unha páxina web divulgará as paisaxes e as rutas de sendeirismo

A web recolle un novo vídeo no que se explica a utilidade do xurro de ortigas. Foto: C.G.

A preocupación polo medio ambiente é cada vez máis tanxible nos concellos, tanto entre a veciñanza como nos mandatarios, que non dubidan en adicar tempo e diñeiro a desenvolver políticas máis verdes, en consonancia coa actual atención que, sobre todos os máis novos, lle prestan ao medio natural.

Tordoia é un municipio pequeno. Non osbtante, é un dos que mellor resposta está a dar á hora de realizar a práctica da compostaxe doméstica. Precisamente foi grazas a isto que viu a luz hai uns meses a web tordoiaverde.es; unha páxina que se centra sobre todo na compostaxe, pero que pouco a pouco se vai completando con vídeos nos que a natureza ou as rutas de sendeirismo teñen moito que dicir. A última publicación é precisamente unha pequena peza na que se explica a utilidade do xurro de ortigas (purín) no proceso da compostaxe. A través do audiovisual desvélase que se pode empregar como insecticida e para abono foliar.

O rexedor de Tordoia, Antonio Pereiro, explicoulle a este xornal que “o éxito dos composteiros é incrible. Xa non queda ningún, e os veciños e veciñas seguen a solicitalos”, contou. “En breves teremos que pedir máis a Sogama para satisfacer a demanda”. En total, o Concello repartiu 200 composteiros: cincuenta deles foron cedidos por Sogama e os outros 150 foron adquiridos grazas a unha subvención de Medio Ambiente. “Agora que a maioría das casas están podando aínda se demanda máis”, explicou. O pasado mes de decembro realizáronse no concello uns obradoiros para ensinar a realizar ben esta práctica e aínda agora se segue a facer seguimento entre os participantes. “O que buscamos con esta páxina web é que os interesados poidan acceder a distintos datos relacionados coa compostaxe ou o medio ambiente dunha forma máis doada e actual”, sinalou Antonio Pereiro.

Tordoia en verde recolle tamén outros contidos, como poder ser as imaxes do río Bustelo ao seu paso por Arcai ou un artigo no que presenta a parroquia de Cabaleiros como unha ruta de sendeirismo inagualable polos tesouros que agocha máis alá do seu famoso dolmen.

Fuente: El Correo Gallego